Que é Ames 2020?

Ames 2020 é a aposta estratéxica de cidade que promove o Concello de Ames para favorecer o un desenvolvemento urbano sostible e integrado para o período 2014 – 2020, mediante un proceso de participación cidadá, e que busca apalancar os seus esforzos coa captación de fondos europeos, en especial do FEDER.

Para iso, pártese dunha diagnose que permite configurar unha análise integrada do territorio a partires da cal se poden definir as prioridades e obxectivos en canto as actuacións de carácter urbano, de conservación dos espazos verdes e patrimoniais, de definición de dotacións de equipamentos ou de desenvolvemento das infraestruturas entre outras.

O proxecto “Ames 2020” debe de servir para actuar sobre novos obxectivos, con vontade de resolver os problemas existentes e ofrecendo propostas alternativas para conseguir un concello mellor, tomando como base os conceptos de cidade intelixente, cidade sostible e cidade integradora, que son obxetivos temáticos do desenvolvemento urbano contidos no artigo 7 do Feder.

Esta construcción dun Ames horizonte de Europa 2020 se fai coa participación cidadá, o que permitirá definir liñas de actuación prioritarias para abordar aos retos económicos, ambientais, climáticos, sociais e demográficos os que está a facer fronte a nosa cidade. Ademais estes retos están interelacionados e o éxito do desenvolvemento urbano só se pode lograr a través dun enfoque integrado.

Paseo fluvial