A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación do servizo para a redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade

Plan Impulsa Ames - EDUSI

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 19 de agosto de 2021 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento negociado sen publicidade do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Para conseguir un uso máis óptimo e eficaz do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, con data 03 de xuño de 2020 publícase  a convocatoria dun concurso de ideas con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, xa que este tipo de procedemento permite obter un maior número de propostas para unha avaliación máis completa das posibles solucións, estimulando a creatividade e dando a posibilidade ao sector da arquitectura de participar na idea.

Tras a súa resolución en Xunta de Goberno Local (27/05/2021)  declárase a proposta gañadora que, en base á convocatoria do concurso, é a adxudicataria do primeiro premio e do contrato de servizos para a redacción de proxecto básico e execución, coordinación de seguridade e saúde, dirección facultativa de obra e traballos de documentación final da obra, a través do procedemento negociado sen publicidade previa, ao amparo do previsto no artigo 168.d  LCSP.

Así, en cumprimento do establecido no artigo 28 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público ( LCSP), a necesidade de contratar ten a súa orixe no citado concurso de ideas convocado para os efectos polo Concello de Ames.

Para ese efecto, promóvese cursar a invitación ao gañador do concurso de ideas que motiva o procedemento negociado sen publicidade previa,  TUUNGOO ARQUITECTO  AIE.

O adxudicatario redactará un proxecto que comprenda a execución da edificación, con detalle suficiente para a súa execución, de acordo ao exposto no prego de condicións técnicas, aos requirimentos do Concello e a idea de anteproxecto que servirá de base ao proxecto técnico básico e de execución, incluído o estudo de seguridade e saúde, o estudo de xestión de residuos e a certificación enerxética que defina a construción de edificio para Centro Multidisciplinar.

Ase mesmo, doutra banda, a entidade adxudicataria encargarase da dirección de obra así como da coordinación de seguridade e saúde, garantindo a correcta execución dos traballos proxectados.

O contrato “Redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro” ten encaixe na liña A10, “Creación dun centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica”, da estratexia  DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo  Plurirregional de España – FEDER (en diante  POPE-FEDER), axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

O presente contrato está vinculado coa implementación doutras liñas de actuación que contribúen a alcanzar conxuntamente os obxectivos estratéxicos:

OES1: “Favorecer a integración e o acceso aos servizos en igualdade de condicións de todas as persoas que residen no municipio, onde as diferenzas entre contornas minimícense”, creando un espazo que fomenta a cohesión social.

OES5: “Asegurar a ancoraxe da poboación xuvenil no concello, poñendo á súa disposición espazos atractivos para o lecer e cultura”, creando un espazo de convivencia, de intercambio, colaboración e formación da mocidade do municipio onde se poña á súa disposición, un amplo abanico de posibilidades de lecer e cultura, adecuados ás súas necesidades e intereses.

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Segundo o alcalde de Ames, Blas García, “este proxecto vai a significar un antes e un despois para o Milladoiro, xa que este edificio achega unha funcionalidade importante e necesaria para este núcleo”, ademais, continúa dicindo o alcalde “a zona onde se vai a construír este edificio vai a converterse no centro dos servizos e actividades de ocio, lecer e formación do Milladoiro”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: “Ames encarga el proyecto para construir el centro juvenil y multifuncional de O Milladoiro

El Correo Gallego: “Un centro de ocio y cultura en veinte meses para O Milladoiro

Lindeiros: “Primeiros pasos para un centro multifuncional no Milladoiro, Ames