Apróbase o expediente de licitación do servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local

Plan Impulsa Ames - EDUSI

Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de xullo de 2022 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames, que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Ames é un concello que conta cunha ampla oferta comercial, sobre todo nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Tras a implantación de aplicacións informáticas que permiten a xestión de espazos, xorde a demanda da posta en valor dos recursos existentes no comercio local. Deste xeito, trátase de poñer en valor os recursos do municipio, obtendo como resultado unha optimización de custos asociada ao mantemento dalgúns dos activos municipais.

Neste contexto, co obxectivo de aproveitar o potencial que ofrecen as novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar a licitación do expediente de contratación para levar a cabo o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local entre os veciños e veciñas do concello de Ames.

Deste xeito, as empresas e comerciantes do concello de Ames poderán rexistrarse na web para ofrecer os seus produtos á cidadanía quen, ao tempo, poderá comprar e realizar pedidos en liña directamente desde o móbil.

Esta actuación contribuirá a:
-Favorecer a integración e o acceso ao comercio local en igualdade de condicións de todas as persoas que residen no municipio.
-Aproveitar o potencial que ofrecen as novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos e mellorar o acceso aos servizos públicos a través das TIC.

O contrato “Desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de ames” ten encaixe na liña LA2, “Plan de aplicación das NTIC´s á xestión eficiente dos recursos municipais e a prevención de riscos.”, da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirregional de España – FEDER, axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

Características do contrato
A versión web estará dispoñible tanto para as tendas e comercios do Concello de Ames que se adhiran ao programa como para os/as cidadáns para consultar e interactuar cos comercios rexistrados.

Ademais, atendendo ao perfil socioeconómico do concello de Ames requírese desenvolver unha aplicación móbil operativa nos sistemas IOS e Android que permita aos veciños do concello establecer relacións directamente co comercio local rexistrado na web do concello, permitindo a elaboración de pedidos para entrega a domicilio ou para recoller no local. Esta App móbil dispoñerá as mesmas funcionalidades que a versión web en modo cidadán.

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: “El comercio de Ames tendrá plataforma y web propia para divulgar su amplia oferta

El Correo Gallego: “Vaise desenvolver unha plataforma web e móbil para axudar ao comercio