Boas prácticas

A detección, a análise e a transferencia de boas prácticas é un eixe fundamental na estratexia de comunicación da EDUSI e constitúe unha ferramenta esencial para a xestión pública e o avance na consecución dos obxectivos da política rexional comunitaria.

  • Para que unha actuación poida ser seleccionada como boa práctica no marco dunha EDUSI debe cumprir cos seguintes requisitos:
  • Ter sido convenientemente difundida entre os beneficiarios/as potenciais e o público en xeral.
  • Incorporar elementos innovadores.
  • Obter uns resultados adecuados cos obxectivos establecidos.
  • Contribuír á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito territorial de execución.
  • Proporcionar un alto grao de cobertura sobre a poboación á que vai dirixida.
  • Considerar os criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación, así como responsabilidade social e sustentabilidade ambiental.
  • Ter sinerxías con outras políticas ou instrumentos de intervención pública.

Área de descargas

Impulsa Ames

Boas prácticas EDUSI Impulsa Ames

Proximamente