Comeza o programa Ames Emprega e Integra cun obradoiro formativo a cargo da formadora María Negredo

Plan Impulsa Ames - EDUSI

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 1 de xuño, a presentación do programa Ames Emprega e Integra. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Na primeira parte realizouse un acto de presentación institucional no que interviron o alcalde e maila concelleira encargada do programa (ambos en funcións), así como os técnicos municipais de inserción laboral. Tras a presentación, impartiuse o primeiro taller formativo do programa: “Convertendo desafíos en oportunidades”, que foi impartido por María Negredo (formadora, asesora de emprego e coach)

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 1 de xuño, a presentación do programa Ames Emprega e Integra. Trátase dun programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE). Dito programa está previsto que se execute ao longo de seis meses, entre xuño e novembro deste ano. A presentación contou con dúas partes diferenciadas. Na primeira realizouse un acto de presentación institucional no que interviron o alcalde e maila concelleira encargada do programa (ambos en funcións), así como os técnicos municipais de inserción laboral. Tras a presentación, impartiuse o primeiro taller formativo do programa: “Convertendo desafíos en oportunidades”, que foi impartido por María Negredo (formadora, asesora de emprego e coach).

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na EDUSI Impulsa Ames. Un dos proxectos que se está executando é o programa Ames Emprega e Integra, que está dirixido a colectivos desfavorecidos do concello de Ames. Un dos ámbitos prioritarios de intervención do Concello de Ames é poñer en marcha actuacións en materia de prevención, detección e intervención da exclusión social.

Neste senso, o Concello de Ames decidiu poñer en marcha un programa de inserción laboral que responda ás actuais demandas sociais de dar cobertura a unha oferta formativa que incremente o índice de inserción laboral e social no municipio, como requisito imprescindible para poder fixar poboación no mesmo, axustándose aos intereses e necesidades dos colectivos ao que se dirixe e fomentando a cohesión social, a loita efectiva contra a discriminación e a erradicación da pobreza.

O programa de inserción laboral deriva dun estudo previo onde se determinaron os colectivos desfavorecidos prioritarios, así como as súas demandas específicas de formación, acompañamento e práctica laboral, sendo unha das liñas de actuación con maior e máis inmediato efecto na reinserción laboral e que precisa dunha atención diferenciada das actuacións que en materia de políticas activa de emprego xa emprende o Concello.

Acto de presentación

O programa comezou este xoves, 1 de xuño, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro cun acto de presentación do programa no que participaron Ana Belén Paz, concelleira en funcións encargada do programa; Pablo Bello e María Lloves, técnicos municipais de inserción laboral; e Blas García, alcalde de Ames en funcións. Tras a presentación, impartiuse o primeiro taller formativo do programa: “Convertendo desafíos en oportunidades”, que foi impartido por María Negredo (formadora, asesora de emprego e coach).

A concelleira en funcións encargada do programa, Ana Belén Paz, abriu o acto de presentación. “O Concello de Ames está inmerso, como saben, no desenvolvemento das actuacións recollidas na EDUSI Impulsa Ames, e este proxecto, Ames Emprega e Integra, está incluído nesta estratexia global. Isto encaixa nun dos ámbitos prioritarios para este concello, como é o de poñer en marcha actuacións en materia de prevención, detección e intervención da exclusión social. Para deseñala e levala a cabo, nin fomos a cegas, nin actuamos sós. Co obxectivo de determinar coa maior exactitude posible tanto os colectivos aos que dirixirnos,  como as súas necesidades concretas, realizouse un estudo previo da man de quen maior coñecemento ten sobre a situación de partida”.

Ana Belén Paz tamén dixo “hoxe quero dar aquí publicamente as grazas pola súa colaboración e implicación no proxecto a asociacións e colectividades como Plataforma polo Emprego, Cruz Vermella, Consorcio de Benestar, Secretarido Xitano… Grazas polo voso traballo diario, o voso esforzo constante para facer deste un mundo algo menos inxusto, e grazas tamén polo apoio e soporte que nos prestastes para que medidas como este Ames Emprega e Integra chegue a quen realmente o precisa, a quen realmente se pode beneficiar del e mellorar a súa vida, e ademais, que se faga do xeito en que máis partido lles poidan sacar as persoas usuarias, que son o verdadeiro obxectivo de todo isto”.

A continuación interviron os técnicos municipais de inserción laboral, Pablo Bello e María Lloves, que explicaron en que consiste e cal é o obxectivo do programa Ames Emprega e Integra. Tamén falaron das actividades que se van desenvolver, así como das áreas formativas incluídas en dito programa (edificación e obra civil, hostalería e turismo, servizos de comercio e almacenaxe, eficiencia enerxética, servizos domésticos e limpeza).

O alcalde en funcións, Blas García, foi o encargado de pechar o acto de presentación. Blas García destacou a aposta que realiza o Concello de Ames pola formación, a través deste e doutros programas, que xa se levan realizando dende hai anos co obxectivo de mellorar a empregabilidade da veciñanza amesá. “Esta oferta formativa está pensada e planificada para incrementar o índice de inserción laboral e social no municipio, un requisito irrenunciable para poder fixar poboación aquí, e contribuír ao mesmo tempo á cohesión social, á loita efectiva contra a discriminación e á erradicación da pobreza. Para este Concello este é un obxectivo irrenunciable. Para nós, non é unha opción actuar sobre a mobilidade, ou a accesibilidade, ou as enerxías renovables… se se deixa de lado o factor humano, o máis importante de todo. Ninguén pode nin debe quedar atrás”.

“Dende hoxe e ata finais de novembro desenvolveranse distintos talleres e actividades formativas, de titorías, de acompañamento, de prácticas sectoriais… deseñadas para todo tipo de perfís. Os que designaron os colectivos e as asociacións aquí presentes, pero tamén moitos outros. Este é un programa aberto. Así que por favor, faládelles del á xente do voso círculo, da vosa contorna, a quen pensedes que isto lles pode axudar. O obxectivo é intentar beneficiar o maior número posible de persoas, para que poidan atopar un traballo que se adapte ás súas necesidades e circunstancias, ofrecéndolles ferramentas de máxima calidade, acordes á súa experiencia e expectativas, que contribúan a que iso se faga real”, explicou o alcalde en funcións.+

Cal é o obxectivo do programa?

O obxectivo de dita iniciativa é a inserción laboral das persoas participantes ou a mellora da sua empregabilidade. Lévase a cabo mediante a execución dun programa de inserción laboral derivado dun estudio realizado previamente que determinou os colectivos desfavorecidos e as súas demandas específicas de formación, acompañamento e practica laboral.

O programa está dirixido prioritariamente a persoas mozas (menores de 30 anos), con particular atención a aqueles con déficit de formación, mulleres, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas con responsabilidades familiares non compartidas, persoas con discapacidade, persoas en situación de exclusión social e persoas inmigrantes. Para participar é necesario residir no concello de Ames, ser demandante de emprego e estar nunha situación de busca activa de emprego.

O programa ten como ámbito territorial a totalidade do concello de Ames, priorizando os núcleos poboacionais do Milladoiro e de Bertamiráns como eixos presenciais do programa. As actividades do programa comezaron coa captación de participantes ao longo do mes de maio e desenvolverase ata novembro deste ano.

Actividades a executar

1.-Orientación e asesoramento individualizado para a inserción socio laboral: itinerario formativo a realizar en función do perfil individual co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas participantes.

2.-Formación transversal: preparar as persoas participantes en habilidades socio laborais e no proceso de busca de emprego, tanto por conta allea como por conta propia. Tamén se proporcionara as persoas que o necesiten unha formación básica en galego, competencias clave e preparación das probas da ESO.

3.-Formación sectorial: inclúense accións formativas e prácticas non laborais nos sectores nos que se detectaron maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego. Colaboración co tecido empresarial do concello para buscar acordos para a realización de prácticas e a intermediación laboral.

4.-Plataforma de formación ocupacional en liña: que incluirá un catalogo de accións formativas que conte con, polo menos, 13 familias profesionais (as determinadas no programa) e un mínimo de 10 cursos de cada familia.

5.-Intermediación / prospección: para a procura de ofertas de emprego acordes ao perfil das persoas participantes, así como para a colaboración do tecido empresarial para a realización das prácticas.

6.- Evento final de presentación de resultados.

As accións do programa executaranse nas instalacións do centro coworking A Proa (O Milladoiro), Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames (Aldea Nova), no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) e noutros espazos municipais.

Procedemento para inscribirse

As inscricións pódense realizar chamando ao número de teléfono 674 594 843, enviando un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com ou a través da páxina web de Ames Integra e Emprega.

A estratexia proposta co programa de inserción laboral de colectivos desfavorecidos no concello de Ames pon o foco de atención na necesidade de dotar ás persoas, especialmente poboación feminina e inmigrante, mocidade sen cualificación, e parados de longa duración en situación de desemprego, en procura de primeiro emprego ou en procesos de mellora de emprego, das competencias transversais/horizontais e competencias profesionais necesarias para poder consolidarse no mercado laboral, atendendo ás competencias en materia de tecnoloxías da información e comunicación.

Resultados que se pretenden alcanzar

Os resultados esperados que se pretenden alcanzar co presente servizo son:

  • Integración social e laboral de persoas desempregadas, con especial atención a inmigrantes, mulleres e poboación moza.
  • Incremento do índice de inserción laboral e social no municipio como requisito imprescindible para poder fixar poboación no mesmo.
  • Fomento da competitividade e inclusión social, así como da igualdade entre homes e mulleres.

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado