Convocatoria de expresións de interese

A metodoloxía de selección de operacións descrita na convocatoria pública de expresións de interese aplícase unicamente a actuacións desenvolvidas por departamentos da Administración local ou outros que sexan medios propios desta, no exercicio das competencias especificamente atribuídas e que contan con asignación FEDER para levar a cabo operacións elixibles que se axusten ao eixe 12 do POCS, á estratexia DUSI IMPULSA AMES, ao documento de Criterios e procedementos para a selección de operacións (CPSO), aos plans e estratexias pertinentes e á normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

A continuación pódese descargar a convocatoria de manifestación de expresións de interese, asinada polo responsable da Unidade de Xestión que inclúe o modelo de expresión de interese que debe cubrir o departamento interesado en presentar proposta de operación para o seu financiamento no marco da estratexia DUSI Impulsa Ames.