Criterios de selección de operacións

O plan de implementación da estratexia DUSI Impulsa Ames conta cun total de dez liñas de actuación que contribúen aos catro obxectivos temáticos incluídos no eixe 12 do Programa Operativo de Crecemento Sustentable. Para cada unha das liñas de actuación defínense uns criterios para a selección e a priorización das distintas operacións que se van financiar.

En xeral, a selección de operacións estará rexida polos principios de igualdade entre beneficiarios, eficiencia, eficacia e sustentabilidade da operacións, transparencia dos criterios de selección, capacidade dos beneficiarios para poñelos en marcha e aliñamento estratéxico con outras operacións e instrumentos.

  • Ademais, as operacións deberán:
  • Contribuír á Estratexia DUSI.
  • Contribuír ao Programa Operativo.
  • Abordar os problemas dunha forma integrada e mostrar vínculos claros con outras intervencións ou operacións coexistentes.
  • Medirse a través dos indicadores de produtividade do anexo VIII, sempre que sexan coherentes cos obxectivos temáticos nos que se engloba a actuación.