Impulsa Ames

Impulsa Ames  é a aposta estratéxica de cidade que promove o Concello de Ames para favorecer o desenvolvemento urbano sustentable e integrado mediante un proceso de participación cidadá.

A estratexia DUSI Impulsa Ames articúlase arredor de cinco obxectivos estratéxicos que inciden dalgunha forma nos ámbitos social, climático e enerxético, ambiental, económico e demográfico. Estes son:

0101

Obxectivo social

Favorecer a integración e o acceso aos servizos en igualdade de condicións

Como?
  • Mellorando o acceso aos servizos públicos a través das TIC e afondando na implantación da Administración electrónica
  • Mellorando a cohesión e a integración social a través da creación de infraestruturas e equipamentos de carácter social e deportivo
  • Facilitando o acceso físico a toda a cidadanía aos servizos e aos equipamentos públicos
0202

Obxectivo climático e enerxético

Reducir o consumo enerxético e  a pegada de carbono do municipio

Como?
  • Mellorando os índices de consumo de enerxía nas vías, infraestruturas e edificios públicos
  • Favorecendo unha área urbana conectada mediante transporte público e privado
0303

Obxectivo ambiental

Poñer en valor os recursos ambientais e paisaxísticos do municipio

Como?
  • Poñendo en valor os recursos naturais e culturais (Camiño de Santiago ao seu paso por Ames, entre outros)
  • Creando unha rede de sendeiros que funcionen como percorridos naturais e culturais y contribúan a mellorar a conectividade no municipio
  • Previndo os riscos de inundación do río Sar ao seu paso por Bertamiráns
0404

Obxectivo económico

Dinamizar economicamente o municipio para facilitar a integración no mercado laboral

Como?
  • Garantindo a competitividade do pequeno comercio no municipio
  • Incrementando o emprego, sobre todo feminino, no municipio a través da posta en marcha dun programa de emprendemento
  • Prestando apoio personalizado para a integración social e laboral de persoas desempregadas con especial atención a inmigrantes, mulleres e xente nova
0505

Obxectivo demográfico

Asegurar a ancoraxe da poboación xuvenil no concello, poñendo á súa disposición espazos atractivos para o lecer e a cultura.

Como?
  • Favorecendo a igualdade de oportunidades no acceso á vivenda para persoas en risco de exclusión
  • Facendo accesible o espazo público para persoas con mobilidade reducida
  • Procurando a rexeneración urbana, a vertebración do centro da cidade e a creación de zonas verdes no Milladoiro e Bertamiráns
  • Incrementando e dinamizando a vida social e cultural a través da posta a disposición de infraestruturas que a favorezan

A EDUSI Impulsa Ames conseguiu o apoio financeiro da Unión Europea a través da segunda convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado no marco do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de Crecemento Sustentable 2014-2020. O orzamento total da estratexia é de 6 250 000 euros, e a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dun 80 %, é de 5 000 000 euros.