Que é unha EDUSI?

Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado “EDUSI”

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI) son un grupo de actuacións financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e tendentes a favorecer a modernización da cidade e a impulsar o desenvolvemento dos territorios desde unha perspectiva sustentable, equilibrada e holística.

Maioritariamente están xestionadas polas Administracións locais, puntos de apoio para facer realidade os obxectivos de crecemento intelixente, sustentable e integrador, pola súa proximidade á cidadanía.

Esos obxectivos recóllense nun documento estratéxico que debe incluír a situación da cidade (activos, problemas e retos), unha análise DAFO, o que define uns obxectivos estratéxicos (OE) e unhas liñas de actuación (LA) enmarcadas, forzosamente, nalgún dos seguintes catro obxectivos temáticos (OT):

OT2

Avanzar no uso e a calidade dos servizos TIC como forma de mellorar a dimensión económica e a competitividade a través da cidade intelixente

OT4

Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono (EBC) en todos os sectores

OT6

Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos como maneira para mellorar a dimensión física e medioambiental das cidades sustentables

OT9

Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación como forma de mellorar a dimensión social e a perspectiva da cidade integradora

Estas estratexias utilizan unha metodoloxía participativa. Nelas débese garantir, de forma transversal ao proceso, a implicación cidadá na súa elaboración e implementación, para que sexan partícipes os principais axentes económicos, sociais e institucionais do territorio.