Ames Emprega e Integra xa asesorou a case 350 persoas

Plan Impulsa Ames - EDUSI

O programa Ames Emprega e Integra, do cal se levan beneficiado case 350 persoas dende que se iniciou, incorpora dous novos cursos que darán lugar este luns, día 21 de agosto. Esta formación impartida polo Concello de Ames incluirá a partir desta data formación sobre limpezas xerais e sobre recepción e atención ao cliente en aloxamentos.

A concelleira de Promoción Económica e Emprendemento, Ana Paz, puxo en valor esta iniciativa afirmando que “este é un programa clave para loitar contra o desemprego no Concello” e anuncia que “un dos ámbitos prioritarios de intervención do Concello de Ames é poñer en marcha actuacións en materia de prevención, detección e intervención da exclusión social”.

“Fixar poboación no concello é vital para cubrir as necesidades existentes, á vez que se lle brinda a primeira oportunidade laboral á mocidade ou a oportunidade de reinserción a persoas en idades complicadas para á hora de reincorporarse ao mercado laboral” finaliza Paz.

Nese senso, estase a desenvolver esta iniciativa de inserción laboral, que responde ás actuais demandas sociais de da cobertura a unha oferta formativa que incremente o índice de inserción laboral e social no municipio.

Ata o vindeiro mes de novembro impartiranse un total de 13 cursos de formación sectorial, a partir de setembro comezan dúas novas acción formativa correspondentes á preparación de competencias clave nivel 2 e á preparación de probas da ESO. Para participar nestes cursos, co-financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, é preciso ter a demanda de emprego de alta e residir en Ames.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: “Cursos de limpieza y atención al cliente en un programa que formó a 350 vecinos de Ames